Premiado un proxecto para mellorar a recollida selectiva de residuos no hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Profesional de empresas medioambientais de Galicia-APROEMA, recoñeceu un proxecto do SERGAS como o da mellor entidade pública que está a traballar a favor da conservación do Medio ambiente. Trátase do proxecto de “Ciencias do Comportamento aplicadas á segregación de residuos no hospital Álvaro Cunqueiro”. Recolleron o premio o subdirector de enfermaría da Área Sanitaria de Vigo, Xoan Hermelo, e a técnica de Innovación e Sostibilidade de Galaria, Beatriz Piñeiro.

No marco da estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde, deseñouse unha intervención para a mellora da recollida selectiva de residuos no entorno hospitalario. O carácter innovador desta proposta reside en que o seu deseño baseouse na evidencia científica das Ciencias do Comportamento en relación á conduta de reciclaxe, actuando sobre a sinaléctica dos contedores de reciclaxe, e buscando incidir directamente sobre a conduta de separación, tanto dos usuarios como dos traballadores sanitarios.

As Ciencias do Comportamento estudan os procesos que rexen o noso proceder e toma de decisións, e teñen revelado o xeito en que o comportamento ambiental se ve influído en maior medida por pequenos factores, aparentemente irrelevantes, que polas estratexias baseadas na información ou nos incentivos. A intervención foi deseñada en base a estes factores e utilizando estratexias que sistematicamente tense mostrado eficaces á hora de influír na conduta de reciclaxe.

Mellora de ata un 88%

Esta proba piloto, que implementouse en tres puntos concretos do hospital, tivo como obxectivo medir e comparar as melloras na segregación de residuos, facendo énfases nos plásticos, máscaras e luvas, que teñen incrementado o seu uso a raíz da COVID-19.

Os resultados mostran melloras na separación de todas as faccións de residuos, rexistrándose un incremento na correcta separación de ata un 88%. Un dato moi significativo é o dos niveis de contaminación por luvas, que son uns dos residuos depositados incorrectamente con maior frecuencia nos hospitais. Tras esta intervención constatouse que a porcentaxe de luvas depositadas fora do receptáculo de “Restos” diminuíron dun un 80% a un 20% .

Dado o éxito deste piloto, vaise replicar a intervención nos principais centros sanitarios de Galicia.

Esta é unha das propostas de redución de impacto ambiental que forman parte do proxecto de sostibilidade medioambiental da Área Sanitaria de Vigo. Nesta iniciativa coloraron Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios; a Universidade de Vigo a través do máster de Gestión del Desarrollo Sostenible ; e a Universidade de Santiago de Compostela.