Escolares de Sabarís participan nunha xornada de limpeza da Ladeira

O alumnado do CEP Sabarís levou a cabo esta mañá unha xornada de limpeza na praia da Ladeira. Os escolares recibiron explicacións sobre a importancia de manter limpos os areais e as consecuencias da contaminación para a súa biodiversidade. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, achegáronse ata ao areal para acompañar ao alumnado.