
O Club de Loita Sabarís pecha a tempada 2020-2021 cunha nova medalla, esta vez na categoría absoluta, no Campionato de España de Loita Libre Olímpica celebrado o pasado sábado 29 de maio no CAR Infanta Cristina de Los Alcázares (Murcia). David González conseguiu o bronce, e Diego Otero e Cristian Suárez finalizaron en 5ª posición.
A nivel nacional, o club conseguiu un total de 10 medallas. Tamén hai que destacar que na categoría júnior o club conseguiu o 5º posto na clasificación nacional, a pesar de ser un ano moi complicado pola pandemia. “Como adestrador síntome moi orgulloso do traballo dos nosos loitadores, que unha tempada máis conseguiron grandes éxitos”, afirma Juan López.