Bronce para a gondomareña Desirée Vila no europeo de atletismo

A gondomareña Desirée Vila conseguiu este xoves unha medalla de bronce na terceira xornada do Campionato de Europa de Atletismo Paralímpico que se está disputando en Bydgoszcz (Polonia).

A atleta miñorana conquistou a súa primeira presea internacional no concurso de salto de lonxitude T63 cun mellor salto de 4.23 metros, superando con fartura a súa mellor marca persoal.