Baiona abre o prazo para solicitar permisos para as fogueiras de San Xoán

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona informa da apertura do prazo, desde o vindeiro luns día 7 ata o 21 de xuño (ambos os dous incluídos), para solicitar autorización para os particulares que queiran realizar fogueiras o día de San Xoán.

As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 9:00 a 13:00 horas, para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986 356 779. Tamén se poderá realizar a solicitude a través da sede electrónica da páxina web municipal http://www.baiona.gal.

Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono… así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.