A Garda Civil e a Policía Local sorprenden infraganti a tres grafiteiros en Baiona

A Garda Civil investiga penalmente por un delito de danos a tres mozos, acusados de realizar máis dunha vintena de pintadas con grafitis no municipio de Baiona. As investigacións iniciáronse o pasado mes de febreiro por mor dunha denuncia presentada na Policía Local polo dono dunha clínica veterinaria da localidade, ao que lle pintaban varios grafitis nas persianas do seu establecemento.

A proliferación destas pintadas na localidade, con grafitis que se repetían, tanto en inmobles de propiedade particular como no mobiliario público, deu lugar a un dispositivo de investigación e prevención que levou a cabo de forma coordinada entre do Posto Principal de Baiona-Nigrán e a Policía Local de Baiona.

O operativo deu os seus froitos cando unha patrulla da Policía Local e outra da Garda Civil sorprenden infraganti a tres novos que estaban a pintar varios grafitis baixo un das pontes da autoestrada AG-57, no Barrio de Bouzós, na parroquia de Sabarís.

No momento da actuación, intervense aos autores 31 sprays de distintas cores, 2 botes de pintura, 1 rodete e unha escaleira telescópica, que son depositados provisionalmente en dependencias do Posto da Garda Civil de Baiona.

Ao comparar as características dos grafitis que estaban a realizar cando foron sorprendidos, co resto das pintadas que se detectaron, atribúenselle, polo menos, a autoría dunha vintena de pintadas que se realizaron durante o últimos tres meses en distintos establecementos comerciais, edificios particulares, ademais dun autobús e mobiliario urbano.

Como consecuencia destes incidentes, que causaron importantes danos materiais pendentes de avaliar, ata o momento recibíronse oito denuncias, entre elas a que interpuxo o concelleiro de Vías e Obras do Concello de Baiona, polos danos ocasionados en varias inmobles e superficies de titularidade municipal.

Tamén se interveu de oficio noutros tres casos identificados. Trátase de dous edificios de vivendas e un establecemento comercial, cuxos propietarios non presentaran denuncia.

As investigacións concluíron coa investigación penal dos presuntos autores por un delito de danos. Trátase de tres novos, de idades comprendidas entre os 20 e 21 anos, veciños de Vigo, Nigrán e Porriño.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Vigo.