Rafael Cabadas, novo xerente de Ribera Povisa

Rafael Cabadas, director asistencial de Ribera Povisa, será nomeado mañá martes, 2 de xuño, xerente do hospital, debido a que ocupaba ata o de agora en funcións José David Zafrilla, director de operacións do grupo Ribera.

Doutor en Medicina pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, ex presidente da Sociedade Galega de Anestesia e membro da sección de Coidados Intensivos da Sedar, o doutor Cabadas leva máis de 20 anos vinculado profesionalmente a Povisa como xefe do Servizo de Anestesia, e como director asistencial desde febreiro de 2020. Previamente, formouse e traballou como médico residente especialista de Anestesia e Reanimación no Hospital Universitario de Santiago.

Cabadas seguirá exercendo tamén a función de director asistencial, mentres se abre un proceso de selección interna para ese posto.

O grupo Ribera conclúe deste xeito o proceso de transición liderado nos últimos meses por Jose David Zafrilla, director de operacións do grupo, no que se puxeron en marcha importantes reformas de infraestrutura e tecnoloxía, ademais de abrir novas especialidades e servizos. Ribera aposta por nomear a un profesional galego e de recoñecido prestixio como máximo responsable do hospital, cumprindo o seu compromiso de apostar polo equipo humano de Ribera Povisa.