A baionesa Iria Ludeña, ouro na Copa de España de Novas Promesas

A baionesa Iria Ludeña, xunto coas súas compañeiras Irea Alonso, Daniela Álvarez e Uxía Rodríguez, compoñentes do equipo Cadete de Kayak Tudense, acábanse de proclamar no día de hoxe, na Copa de España de Novas Promesas 1000 Metros, campioas de España na modalidade de barcos de equipo, concretamente no K4 1000 M, cun tempo de 3 minutos 53 segundos e 904 milésimas. Os seus acompañantes no podio foron o Club Piragüismo Verducido Pontillón en segunda posición e o Club Escuela Piragüismo Aranjuez, terceiras, cuns tempos de 3 minutos 59 segundos e 867 milésimas as do Verducido e 4 minutos 2 segundos e 966 milésimas as mozas de Aranjuez. A competición celebrouse no encoro de Trasona (Asturias).