Nigrán acolle unha charla sobre os servizos de dependencia públicos

Hoxe venres, día 28 de maio, ás 20:00 horas, haberá no Auditorio de Nigrán unha charla informativa sobre a necesidade duns servizos da dependencia públicos, accesibles e de calidade, tanto residencias como Centros de Día ou os da atención no fogar. Ademais se presentará a plataforma pola dependencia de Galicia, da que forman parte, entre outros, o Movemento de Pensionistas de Galicia (Modepen), Trega (Asociación de Traballadores de Residencias) e Vellez Digna (Federación de Asociacións en Defensa dos Usuarios das Residencias). Cumpriranse coas medidas preventivas do Covid.