As 163 oficinas de Correos en Galicia permitirán acceder á oferta de servizos de luz, gas e mantemento de Endesa

Correos e Endesa afianzan o seu acordo para impulsar a captación de clientes a través das súas oficinas. Deste xeito, Endesa contará coas 163 oficinas de Correos repartidas por Galicia para achegar aos cidadáns os seus servizos de luz, gas e mantemento. O acordo, que dá continuidade ao alcanzado en 2019, permitirá aos usuarios desas oficinas de Correos acceder ás ofertas de Endesa e confirmar o seu interese por recibir información adicional sobre as mesmas a través da rede comercial da compañía eléctrica.

Endesa conta así coa cobertura territorial da rede de Correos en Galicia para dar a coñecer a súa oferta mediante materiais informativos que estarán ao dispor dos clientes en todas as oficinas da rede.

A capilaridade da rede de oficinas de Correos, que recibe 84 millóns de visitas ao ano en toda España, vólvese especialmente importante para poder achegar as promocións da compañía eléctrica aos residentes das zonas rurais e con menos densidade de poboación. O acordo permite ademais a Correos reforzar o catálogo de produtos e servizos que pon ao dispor dos cidadáns na súa rede de oficinas.

Deste xeito, Correos avanza na súa estratexia de diversificación e no seu obxectivo de achegar novos produtos e servizos aos cidadáns que lles faciliten o seu día a día, aproveitando a capilaridade e a cobertura territorial da súa rede de oficinas.