A Omix de Gondomar organiza obradoiros, un curso de skate, unha escape room e a III Gladiator Kids

A Concellería de Xuventude de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, abre o próximo 28 de maio as inscricións para as actividades programadas para o verano. Actividades de índole moi variada, pero todas da man do ocio e a diversión. “Apúntate na Omix” ofrece á mocidade do Concello de Gondomar obradoiros de ciberseguridade e educación emocional, un curso de skate, unha actividade de ocio nocturno e a III Gladiator Kids. Estas actividades levaranse a cabo durante os meses de xuño, xullo e agosto. Máis información no 986 369 746 ou a través da conta en Instagram @omixgondomar.