A Garda Civil detén a un veciño de Gondomar reclamado pola xustiza

A Garda Civil detivo a un veciño de Gondomar que estaba reclamado pola xustiza, ao ser sorprendido en Vigo circulando sen casco cun ciclomotor. Os feitos sucederon sobre as 08:00 horas da madrugada do pasado martes en Vigo cando unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra observa ao condutor dun ciclomotor que circula á altura do km. 1,500 da estrada PO-325, sen facer uso do casco de protección.

Cando foi interceptado, en principio negouse a identificarse introducíndose no interior dunha empresa, onde posteriormente sóubose que estaba a traballar. Finalmente saíu do inmoble acompañado da dona da empresa e despois de reiterados intentos accedeu a identificarse.

Resultou ser un veciño de Gondomar, de 38 anos, que finalmente foi detido porque figuraba cunha orde vixente de procura, detención e comparecencia dun Xulgado de Instrución de Vilanova I la Geltrú (Barcelona). As dilixencias instruídas polo Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (G.I.A.T) do Subsector de Tráfico de Pontevedra, foron entregadas, xunto co detido, no Xulgado de Instrución de Garda dos de Vigo.

Así mesmo, foi denunciado por vía administrativa por conducir un ciclomotor sen facer uso do casco de protección e por desobediencia ao negase a facilitar a súa identidade.