Acordo de colaboración entre o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Concello de Baiona

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Guitián, valoran propostas para potenciar as dúas contornas fundamentais dentro do ámbito turístico mundial. Por iso, aproveitarán a presentación do primeiro Encontro de Mercados gastronómico que promove a Praza de Abastos de Baiona os días 29 e 30 de maio, dedicado este ano aos produtos da Ribeira Sacra.

Ambos os dous enclaves acordan accións de colaboración, non só en materia de turismo, senón tamén a nivel comercial para impulsar o consumo dos produtos craves de ambas as dúas zonas. Ditas accións poñeranse en marcha de forma inmediata e daráselles continuidade tamén en tempadas de menos afluencia turística, para manter actividades tales como visitas programadas, eventos temáticos, culturais e gastronómicos.

O Encontro de Mercados, que se realizará na primeira planta do edificio multiusos Ángel Bedriñana, organiza un foro onde se tratarán distintas claves sobre o turismo, a cultura e a gastronomía. Nel participarán diversos organismos relacionados co sector, entre eles, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Consello Regulador, a Federación Galega de Turismo Rural, ACEBA e a Escola de Hostalería Belarmino Fernández. Ademais, estará moderado polo presentador Rafa Durán.

Durante a fin de semana tamén se farán diversas actividades desde a mañá ata a tarde. Os asistentes poderán desfrutar dun túnel do viño, catas, menús de degustación, exposicións de produtos e un concerto acústico, entre outros. Para iso contarase con adegas como Marcelino I, Regina Viarum, Casa Moreiras, Adobe Rectoral de Gundivós, Vía Romana, Condado Sequeiras, Viña Canceliño-Peon o A Moucha. Además, se elaborarán platos fusión con maridajes de ambas zonas con productos de Mel do Castro, Quesos Arias Muñiz, Galletas Daveiga, Galletas Xiana, Bicas Malena, Quesos Touza Vella, Licores Ecos da Pedra e se terá unha pequena representación de Alfarería Rectoral Gundivós.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca que “desta maneira, comezará unha relación consolidada entre as dúas zonas de vital relevancia, quen, á súa vez, facilitarán mutuamente a difusión dos seus mercados turísticos, culturais e gastronómicos”.