Semana Cultural en Morgadáns con teatro, danza, cine, música, humor e animación infantil

O Centro Cultural San Roque de Morgadáns organiza do 8 ao 14 de agosto a súa Semana Cultural, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar, a Entidade Local Menor de Morgadáns e a Comisión de Festas de San Roque. Abrirá a programación prevista o grupo de teatro “Bertorella” coa obra “O restaurante Farruco” o xoves 8, e seguiranlle o grupo de danza “Paradela” de Gondomar o venres 9, a proxección da película “Campeones” o sábado 10, a actuación da Asociación de Danza de Gondomar o domingo 11, un espectáculo de animación infantil con Volvoreta e Voltereta o luns 12, o grupo Limiar Teatro coa representación “Fotos da viaxe” o martes 13 e a actuación de Dania con “Coplas e Boleros” e a monologuista Marisó o mércores 14. Todas as actividades serán a partir das 21:00 horas.

Anuncios