Misa e “poxas” na honra de Mª Auxiliadora en Vilas

O barrio de Vilas, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra este domingo 23 de maio a festividade de Mª Auxiliadora. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne, e ao finalizar terán lugar as tradicionais “poxas”. Ademais, haberá pulpeiro desde as 11:00 da mañá. Os asistentes deberán cumprir o protocolo Covid-19, levando máscara e gardando as distancias.