A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor OVALMI, en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar, organiza do 20 ao 23 de maio a 8ª edición da Festa da Empanada. Neste evento participan 10 establecementos hostaleiros do municipio, que enxalzan esta delicia culinaria tan arraigada na tradición de Galicia, convidándonos a facer un percorrido gastronómico no que poderemos degustar diferentes especialidades de empanada, sendo o prezo da ración de 2,50€.
As persoas que se acheguen a Gondomar poderán probar estas deliciosas receitas, votar e elixir á “Mellor Empanada 2021”, a través das papeletas que terán á súa disposición en todos os establecementos participantes e as cales deberán ser depositadas, unha vez cubertas correctamente, nas urnas dispostas para tal efecto. Os premios que se sortearán entre todos os votantes serán 4 vales de 25€ cada un, para consumir nos establecementos participantes nesta edición.
Como novidade, este ano, un xurado profesional valorará as empanadas ofrecidas polos participantes. O establecemento que consiga unha maior puntuación outorgada polo devandito xurado terá un premio especial, patrocinado polo Parador de Turismo “Conde de Gondomar”. Desde OVALMI animan a visitar Gondomar e degustar as deliciosas empanadas preparadas por grandes hostaleiros do municipio.
PARTICIPANTES Y SUS EMPANADAS
| EL TRANVIA TU PAN TU CAFÉ | EMPANADA DE CHOCO |
| RESTAURANTE PAZO DA ESCOLA (MAÑUFE) | EMPANADA DE PAN DE TRIGO CON PANCETA, PISTO E TRIO DE QUEIXOS GALEGOS |
| JAMONERÍA TAPERÍA BASTIÓN | EMPANADA BASTIÓN |
| CAFETERÍA KEIK | EMPANADA DE QUESO CON MEMBRILLO Y NUECES |
| CAFETERÍA ALAMEDA | EMPANADA DE BACALAO CON PASAS SIN CEBOLLA |
| CAFÉ BAR ESTANCO | EMPANADA DE LANGOSTINOS E OUTRAS DELICIAS |
| TERRA, CEBADA E UVA | EMPANADA MARIÑEIRA |
| XAMONERÍA CATRO CAMIÑOS | EMPANADA CATRO CAMIÑOS |
| BOCATERÍA A BOCADOS | EMPANADA BURGUER BACON |
| TAPERÍA CAFÉ AS NOVAS TORRES | EMPANADA LACÓN CON CHORIZO |

