Baiona homenaxea a Xela Arias cun concerto de “Xardín Desordenado”

O xardín do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, o vindeiro luns 17, é o lugar elixido para desenvolver un concerto homenaxe do Día das Letras Galegas que, neste ano 2021, dedícase á tradutora e poetisa Xela Arias.

A actividade, organizada pola concellería de Cultura, busca divulgar a figura desta persoa tan importante para as nosas letras. Así, o luns ás 12:30 horas, “Xardín Desordenado” renderá homenaxe a Xela Arias cun concerto especial no que poñerá música ás súas letras.

En caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio V Centenario.

“Como é tradicional, dedicamos unha xornada á persoa homenaxeada pola Real Academia Galega cada ano, neste caso Xela Arias. Unha figura que debemos poñer en valor por todo o que achegou ás nosas cultura”, destaca o Alcalde Carlos Gómez Prado.