A Garda Civil conmemora o 177 aniversario da súa fundación

A Garda Civil celebrou esta mañá un simbólico acto institucional para conmemorar o 177 aniversario da súa fundación. A situación pola que estamos a atravesar debido á crise sanitaria, limitou a celebración da efeméride doutros anos a un sinxelo acto que tivo lugar nas dependencias da Comandancia coa lectura do decreto fundacional acompañado dunha reducida representación de Autoridades civís e militares. Concluíu o acto coa homenaxe aos gardas civís falecidos en acto de servizo, co recordo posto nos compañeiros que nos deixaron por esta enfermidade e todas as vítimas do Covid-19.