OVALMI volve poñer en marcha a súa bolsa de emprego

Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor volven poñer en marcha a súa bolsa de emprego. As bolsas de emprego son unha das ferramentas que están á nosa disposición para poder atopar un contrato laboral. A través dela, os usuarios poderán acceder a ofertas de traballo enviadas por diferentes empresas. Os asociados de OVALMI, puxeron en coñecemento da Asociación a necesidade de volver activar a bolsa de emprego para cubrir as ofertas que se xeran nos seus establecementos, ao longo do ano.

Están ao dispor das empresas e demandantes de emprego a través dos seus correos electrónicos asociacion@ovalmi.com ou administracion@ovalmi.com, para que lles fagan chegar tanto os seus currículos como calquera oferta de emprego que desexen tramitar. Máis información sobre o funcionamento da Bolsa de Emprego e os servizos ofrecidos pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor en Praza Rosalía de Castro, local 3 Baixo – 36.350 Nigrán, teléfono 986 366730.