Podemos Gondomar solicita ao Goberno Local que cumpra a lexislación e que se comprometa coa transparencia

No 2015, tras o prazo de dous anos da entrada en vigor da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, toda administración pública, incluída a local, ten o deber de publicar a información suxeita ás obrigacións de transparencia na súa sede electrónica ou web, de forma clara, estruturada e entendible para os interesados.

O título II LTAIPBG determina os contidos mínimos de información pública que deben ser publicados de oficio (sen necesidade que ninguén o pida expresamente) polas administracións públicas, entre os que se atopa toda a información relativa á xestión económica e orzamentaria.

Na web do Concello de Gondomar segue sen aparecer ningún tipo de información referente á actividade económica desta administración, o que conleva un gran descoñecemento á cidadanía e a imposibilidade de xerar unha opinión cualificada sobre a xestión do Goberno local.

Por todo iso Podemos Gondomar solicita ao Goberno Local que cumpra a lexislación, e publique devandita información na web do Concello, xa que podería estar incorrendo nunha infracción grave a efectos disciplinarios, arriscándose a que a autoridade competente inicie un procedemento sancionador.