Os baioneses David González, Anxo Uzal e Cristian Suárez, subcampións de España

Esta fin de semana celebrouse en San Agustín de Guadalix (Madrid) o Campionato Júnior de Loita Olímpica. Os baioneses David González, Anxo Uzal e Cristian Suárez proclamáronse subcampións de España nas súas respectivas categorías, 61 kg, 66 kg e 74 kg. Trátase dun gran resultado para o Club de Loita Sabarís tras un ano moi complicado para os adestramentos.

Desde o club queren agradecer ao loitador Anxo Uzal a súa traxectoria deportiva chea de éxitos, xa que pola súa incorporación ás Forzas Armadas non poderá participar nos Campionatos. O seu adestrador Juan López séntese moi orgulloso de formar parte da súa traxectoria deportiva, desexándolle o mellor na súa nova etapa como militar, destacando os seus podios internacionais e nacionais.