Gondomar acolle o Campionato Provincial Libre Cadete a Sénior de patinaxe artística

O vindeiro sábado 1 de maio terá lugar o Campionato Provincial Libre, Categoría Nacional de Cadete a Sénior, que se celebrará no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda organizado polo Club Patinaxe Artística Gondomar, con colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Gondomar e a Federación Galega de Patinaxe Artística.

Desenvolverase en xornada completa desde as nove da mañá ata as nove da noite, con programas curtos de mañá e programas longos en xornada de tarde, pasando polas categorías de cadete, xuvenil, júnior e sénior.

O acceso será restrinxido a patinadores cos seus adestradores e delegados, xuíces membros da Federación Galega e autoridades, tomando todas as medidas de seguridade establecidas actualmente.