Baiona ilumínase de laranxa para visibilizar a loita contra a Fibrose Quística

Baiona iluminou de cor laranxa a Casa do Concello na noite deste luns ao amparo da conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra o 28 de abril. Deste xeito a institución únese á demanda da Asociación Galega de Fibrose Quística, co obxectivo de visibilizar a enfermidade. O edificio municipal estará iluminado desta cor durante esta noite de martes tamén para tratar de dar maior visibilidade a esta enfermidade e aos colectivos que traballan na loita da mesma e con persoas afectadas.