Continúa o proceso de vacinación masiva no Ifevi coa citación de 10.900 persoas

O proceso de vacinación masiva continúa no IFEVI, coa citación de 10.900 persoas máis de entre 70-79 anos. Así, hoxe convocáronse a 1.500 persoas, mañá martes 27 serán 6.516, e o mércores 28, 2.884. De xeito paralelo, continúase vacinando no Álvaro Cunqueiro, administrando as segundas doses aos maiores de 80 anos, así como ao resto de grupos, como os de alto risco; ao tempo que tamén continúase coa vacinación a domicilio dos grandes dependentes.