O Sergas retoma o proceso de vacinación masiva no IFEVI coa convocatoria de 7.600 persoas

Nos próximos dous días o Sergas retomará o proceso de vacinación masiva no IFEVI coa convocatoria de 7.600 persoas. Así, mañá venres 23 están citadas 4.600 persoas no grupo de idade entre 60-65 anos; e o sábado 24 invitarase a 3.000 persoas de entre 70-79 anos. En canto ao balance de vacinación dos pasados días 20 e 21 en IFEVI, das 12.600 persoas citadas acudiron 10.634, un 84,4%.