Clases de danza gratuítas en Gondomar polo Día Internacional da Danza

Con motivo do Día Internacional da Danza, a Asociación de Danza de Gondomar ofrecerá o sábado 4 de maio clases gratuítas para todas as idades e niveis no Auditorio Lois Tobío. Haberá clases de Break Dance (10:30-11:30), Hip Hop (11:30-12:30), Danza Contemporánea (12:30-13:30), Danza Africana (16:00-17:00) e Zumba (17:00-18:00). Tamén se lerá o manifesto do Día Internacional da Danza e haberá unha Jam Session de 18:30 a 20:30 horas. Inscrición previa no correo asocdanzagondomar@gmail.com.

Anuncios