Inicio das competicións deportivas de bolos celta

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Con todas as medidas de seguridade e tras a aprobación do protocolo fisicovid-dxtgalego de medidas fronte á crise sanitaria, a Federación Galega de Bolos inicia as competicións deportivas coa organización do campionato de liga (reducida) con enfrontamentos a un so encontro.

Participan neste reducido formato de liga un total de 23 equipos con 349 licencias federativas (de todas as categorías: pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, afeccionado, sénior, feminino e veteranos) repartidos nas súas tres divisións ou categorías.

Despois de finalizado o torneo de liga, darán comezo os torneos galegos (meses de xuño e xullo) clasificatorios para os torneos nacionais que se disputaran nos meses de agosto e setembro.

Debido ás novas restricións impostas nos países sudamericanos (Arxentina e Uruguai), a Federación Galega de Bolos (organizadora do torneo) acordou suspender definitivamente o Campionato Intercontinental de bolos celta que se debería disputar no mes de xuño en terras galegas e no que participarían equipos dos dous países sudamericanos.