Podemos Nigrán solicita unha investigación pola aparición de miles de navallas mortas no municipio

Hoxe, o Círculo de Podemos Nigrán recibiu unha impactante nova medioambiental. Un veciño dedicado ao traballo do marisqueo contactou coa corporación para facer achega dun vídeo que evidencia unha inusual mortandade de miles de navallas por causas descoñecidas aínda por esclarecer, que esta mañá cubriron as costas de Monte Lourido e Praia América.

Esixen ao goberno local inmediatas explicacións sobre a alta mortandade deste molusco bivalvo, no día de hoxe con data 21 de abril, xa que o municipio conta con diversidade de denuncias anteriores pola contaminación da Foz, polo que cren importante a investigación deste suceso para tomar as medidas pertinentes e evitar a repetición deste preocupante episodio.