Iván Costa gaña o III Open Vila de Baiona de Pesca Submarina

Gran ambiente no III Open Vila de Baiona de Pesca Submarina organizado o sábado polo Club Subacuático Pérez Sub, con 39 participantes que se lanzaron ao mar ás 9:00 da mañá nas inmediacións de Cabo Silleiro. Nas horas iniciais tiveron bos lances e grandes capturas, pero segundo avanzaba a mañá e clareando as augas, as pezas ocultábanse á vista dos pescadores. Terminou o campionato ás 14:00, subindo a comer todos os participantes ao Centro Social de Baredo, onde se realizou a pesada e a entrega de trofeos posterior.

O resultado por categorías foi:

SÉNIOR:
1º: Iván Costa, do Club Nauga
2º: José Díaz Fiaño, do Club Nauga
3º Óscar Ramos Torres, do Club Pérez Sub

FÉMINAS:
1º Sandra Osorio, de Terra dos Mares

Sub-23:
1º Miguel Ángel Costas, de Terra dos Mares
2º Lucas Blanco, de Terra dos Mares
3º Adrián Paris, do Rías Baixas

VETERANOS:
1º José Luis Peso, do Club Pérez Sub
2º Segundo Morantes, do Club Pérez Sub
3º Federico Gil, da Federación Madrileña

O premio á Peza Maior levoullo Jose Luis Peso, do Pérez Sub, cun gran Abadexo de 4,600 Kg. Na entrega de premios estiveron presentes o Alcalde Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Deportes, Miriam Mar Costas Iriarte. Os máis de 200 kg de peixe foron doados integramente ao Comedor Social da Fundación Casa Caridad Hogar San José de Vigo.