Concentración na Ramallosa en defensa da sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Val Miñor convoca este mércores, día 21 de abril, unha concentración na Alameda da Ramallosa ás 20:00 horas para recuperar o sistema sanitario público. Reclaman normalizar os centros de saúde e garantir a asistencia presencial, un plan para afrontar as listas de agarda acumuladas, información transparente e acceso universal ás vacinas Covid, incrementar o persoal e rematar coa súa precariedade e inestabilidade, e rexeitar a reforma da Lei Galega de Saúde, que segundo afirman, recorta as liberdades cívicas.