O Colexio Ángel de la Guarda de Priegue celebra este sábado 9 de setembro o seu 50 aniversario cunha festa de antigos alumnos. O centro encherase de food-trucks e postos de comida onde os asistentes poderán gozar dunha boa pulpeira, empanada tradicional, crepes doces e salgadas, zumes naturais e xeados artesáns.
O evento comezará ás 13:00 horas coa apertura de portas e unha sesión vermú con música ambiente. Ás 15:30 haberá obradoiros infantís (maquillaxe, chaveiros…) e ás 18:30 “Os Contos de Pablísimo”. A actuación musical en directo de Salitre ás 20:00 horas pechará a xornada.
Desde o Colexio Ángel de la Guarda fan un chamamento a todos os antigos alumnos para que non falten á cita.

