
Esperanza García Yáñez, do barrio do Quinteiro, en Panxón-Nigrán, cumpriu este sábado 100 anos. Nai de seis fillas das que sobreviven cinco, ten nove netos, nove bisnetos e dous tataranetos. Seu marido, xa falecido, traballaba no salto hidroeléctrico de “Vao” e Esperanza compaxinaba o traballo na casa co de operaria na fábrica de conservas “Puga” en Baiona. Á celebración familiar acudiu o alcalde, Juan González, para entregarlle un ramo de flores en representación de todos os veciños e veciñas do municipio. Na actualidade Nigrán pode presumir de ter un total de oito veciños centenarios, dous homes e seis mulleres.