O Mercado de Abastos de Baiona sortea o seu scooter

Jose Luis Fiel Domínguez resultou o gañador da scooter que este sábado sorteou o Mercado de Abastos de Baiona. O único número co que participou foi o agraciado entre os 375 participantes. Nativo de Mondariz, reside en Baiona desde hai 5 anos e traballa como repartidor de pan.

Para participar no sorteo era necesario facer dúas compras no Mercado de Abastos de Baiona, unha delas en Ecoadega Cocina Mercado e outra noutro posto de produtos da praza. Como requisito os dous tickets de compra debían sumar polo menos 20 euros de gasto.

A continuación, os participantes debían acceder á web http://www.eribai.com e rexistrar o número de ticket de compra de Cocina Mercado. Proximamente farase entrega do premio.