
Supermercados Claudio mantén a súa aposta polo modelo de negocio franquiado coa inauguración do establecemento número 200 na provincia de Pontevedra, concretamente na rúa Brandufe nº5 do lugar de Vincios (Gondomar). Este novo supermercado, que supón a creación de 4 postos de traballo directos, seguirá as máximas que caracterizan á marca cun trato familiar e profesional, e terá un horario de apertura ao público de luns a sábado de 09:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
O punto de venda, o nº 38 na provincia de Pontevedra, conta cunha ampla superficie de 170 m2 e unha completa variedade de produtos que inclúe artigos de marca propia Ifa coa mellor relación calidade-prezo. Ademais, pon ao dispor dos clientes diferentes seccións como: carnicería ao corte, charcutería, panadería, alimentación envasada, froitería, adega e, droguería e hixiene persoal.
Na inauguración participou o propietario do establecemento Roger González, acompañado do seu equipo e, por parte de GADISA, Pablo Louro, delegado de área da empresa na provincia de Pontevedra; Miguel Freire, director de vendas liña de maior; José Antonio Hermida, coordinador de franquía e o equipo de montaxes.
Con esta apertura, continúan co seu compromiso co desenvolvemento socioeconómico de contornas semiurbanas e rurais, proporcionando emprego directo a preto de 900 traballadores e alcanzando os 200 establecementos franquiados, entre os 120 Claudio e 80 Claudio Express. É a franquía que conta con máis puntos de venda en Galicia.
Nesta expansión está a ser clave o apoio que ofrecen aos novos emprendedores: asesoramento técnico e comercial, capacidade loxística para satisfacer o abastecemento dunha ampla variedade de produtos con rapidez e eficacia, e a garantía de operar baixo unha marca de recoñecido prestixio.
O novo Claudio en Vincios é o sétimo do 2021, sumándose aos xa abertos durante este ano en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Carballo, Trazo e Betanzos (A Coruña), Taboada (Lugo) e Vilamartín de Valdeorras (Ourense).