Inscricións abertas para participar na VII Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Vespamiñor Scooter Club organiza o domingo día 28 de maio a VII Volta en Vespa e Lambretta ao Val Miñor.

A xornada comezará ás 10 da mañá coa recepción dos participantes na Praza de San Campio na Ramallosa, Nigrán, con almorzo cortesía de Rosquillas Cristaleiro. Ás 11:00 horas comezará a ruta pola contorna do Val Miñor e Baixo Miño, con visita guiada á Zona Monumental de Tui ás 13:00 horas. Ás 15:00 horas haberá unha comida no Parador de Baiona, para finalizar o encontro ás 18:30 horas.

Os interesados en participar poden inscribirse nos teléfonos 686 955 539 (Laure) ou 627 954 960 (Inés), ou a través do correo electrónico vmscooterclub@gmail.com. O prezo é de 25 euros e inclúe camiseta de agasallo. Debe abonarse na conta BBVA IBAN ES88 0182 1148 1002 0158 7704.