Interceptado en Vigo un furtivo de Nigrán con 28,8 quilos de polbo

O pasado domingo, ás 14:05 horas, o Garda Rural na zona de Mide observou a un furtivo faenando nun punto de difícil acceso nunha zona rochas. O individuo atopábase entre Saiáns e Portiño, solicitando o apoio dunha Patrulla da Policía Local de Vigo para proceder á súa identificación, sendo observado durante dúas horas, co apoio do Vixiante da Confraría, ata que decidiu saír da auga.

Foi interceptado no momento de abandonar a praia, cun polbo e varios peixes no seu poder nese momento, resultando ser A.A.G, de Nigrán e 42 anos de idade. Co apoio da Unidade Executiva localizouse o resto da pesca, tras unha exhaustiva inspección da zona rochosa.

Concretamente localizáronse 28,8 kg de polbo, habendo 4 polbos de tamaño ilegal, e 2 centolas de aproximadamente 3 Kg. As centolas foron devoltas ao mar, e o polbo doouse ao fogar de San Francisco, iniciando o correspondente procedemento sancionador.