O PCG solicita que ondeen a bandeira da República nos concellos do Val Miñor o próximo 14 de abril

O 14 de abril de 1931, hai 90 anos, a cidadanía acabou cun réxime monárquico corrupto que facía augas no social, no económico e no político. O pobo esixía mellorar as súas condicións de vida e de traballo e decidir o seu destino. Coas súas mobilizacións conseguiuse a II República.

É por elo polo que desde o núcleo do PCG do Val Miñor solicítase aos gobernos municipais do Val Miñor que o próximo 14 de abril ondee a bandeira da República nos concellos do Baiona, Gondomar e Nigrán, tamén como homenaxe aos centos de veciños e veciñas que foron represaliados pola súa defensa da legalidade, resistindo á ditadura loitando polas liberdades democráticas a partir de xullo de 1936.

“Cómpre destacar que a monarquía, unha institución arcaica, que non votamos, provén da ditadura fascista, polo que defendemos que a República é a resposta ás necesidades da maioría social e de todos os pobos do Estado: democracia real, participativa, laica e federal e un modelo económico e social ao servizo da clase traballadora e do pobo”, sinalan.