Nigrán emprende unha limpeza preventiva de 3 quilómetros de colectores

O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, está a levar a cabo ata o 20 de abril a segunda campaña de limpeza preventiva do sistema municipal de saneamento do ano 2021 (serán catro en total). Para estes traballos cóntase con camións equipados para limpar de forma combinada con auga a alta presión e succión de residuos. Está previsto chegar ao redor de 3 quilómetros de saneamento en distintas localizacións do Nigrán, así como os 33 pozos das Estacións de Bombeo de Augas Residuais que forman parte do sistema de saneamento.