
A Banda de Música de Baiona celebra este sábado 22 de xullo o seu Concerto de Verán, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura. O concerto comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.