Nigrán inviste 6.700 € na renovación dos bancos do campo de fútbol municipal de Vilariño

O Concello de Nigrán vén de investir 6.700 € na renovación dos bancos do campo de fútbol municipal de San Pedro ante a petición do Racing de Vilariño ao atoparse moi deteriorados os antigos.

Os novos bancos, tanto para o equipo local como para o visitante, son de 5 metros de lonxitude e fabricados en estrutura de tubo de aceiro galvanizado branca con chapa de policarbonato translúcido, con asentos individuais con respaldo e apoiapés.

“Son dous bancos acordes a unhas instalacións moi renovadas e confortables para os deportistas e non podemos esquecer que as emprega un club dedicado ao fútbol base desde hai máis de 50 anos”, incide Juan González, alcalde de Nigrán, quen se compromete tamén a reacondicionar os vestiarios proximamente.