Baiona informa da convocatoria de axudas ao alugueiro de vivendas

O Concello de Baiona informa da convocatoria das axudas ao alugueiro de vivendas 2021 dentro do Plan estatal de vivenda 2018-2021. O obxecto desta convocatoria é a concesión e renovación das distintas axudas ao alugueiro de vivendas:

1. Liña A, axuda ao alugueiro de vivenda: a súa finalidade é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. Información en Servizos Sociais, teléfono 986 385 926.

2. Liña B, axuda á mocidade para o alugueiro de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao goce dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugueiro, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Información na OMIX, teléfono 986 385 921.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021. Máis información en http://www.baiona.gal.

REQUISITOS:

• Persoa maior de idade con nacionalidade española ou que resida legalmente en España.

• Ser titular, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha
duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.

• Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Deben constar todos empadroados na dita vivenda na data da presentación da solicitude.

• Coste do aluguer da vivenda que non supere os 400 € mensuais ou 480 € se se trata de familias numerosas.

• Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2 veces o IPREM, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias:

A) Requisito de ingresos da unidade de convivencia, agás casos especificados nas columnas B) e C) B) Familia numerosa de categoría XERAL ou persoas con discapacidade (distinta da sinalada na columna C): C) Familia numerosa de categoría ESPECIAL ou persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade1
Ingresos mínimos: 0,7 veces IPREM Ingresos máximos: 2 veces IPREM Ingresos mínimos: 0,7 veces IPREM Ingresos máximos:

4 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

5 veces IPREM

5.263,71€ 15.039,18€ 5.263,71€ 30.078,36€ 5.263,71€ 37.597,95€

(1)Tipos de discapacidade para ter en conta como ingresos máximos da unidade de convivencia 5 veces IPREM:

a) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ó 33%.

b) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.

DOCUMENTACIÓN:

a) Anexo I solicitude.

b) Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.

c) Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.

d) Anexo II declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia e comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa.

e) Documentación xustificativa dos ingresos (ano 2019) percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF: certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta, certificado de pensións ou prestacións periódicas no caso de non ser outorgadas polo INSS, certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario, certificado da contia percibida pola Risga.

f) No caso das persoas separadas ou divorciadas, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, de ser o caso.

NOTA IMPORTANTE: As solicitudes que no momento da súa presentación non vaian acompañadas dos documentos sinalados nas letras b), c) e d) quedarán automaticamente inadmitidas.