Sin categoría

Baiona arranxa a fonte da Praza Victoria Cadaval de Sabarís

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona vén de realizar obras de mellora na fonte sita na Praza Victoria Cadaval, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa. Debido á continua perda de auga a calzada da zona estaba sempre mollada causando molestias aos veciños, comerciantes e mercaderes dos luns. Unha vez comprobada a situación da fonte e localizada a avaría, a cal atopábase no desaugue da mesma, o Concello, a través da Concellería de Vías e Obras, realizou o arranxo da mesma para solucionar os problemas que estaba xerando.