Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi prepara a 5ª edición da Feira de Oportunidades “Portobelo” na Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), está a organizar a 5ª edición da Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, que se celebrará o domingo 13 de agosto no Parque da Ramallosa.

Dita feira de carácter multisectorial celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

A realización da feira o día 13 de agosto débese a que é o momento con máis poboación no Val Miñor, posto que na época estival a mesma chega mesmo a triplicarse, e ademais ao desenvolverse en domingo atrae tanto a veciños como a visitantes dos arredores.

A feira contará con animación, obradoiros infantís e pola tarde, poderase gozar da 5ª concentración de dispositivos flotantes “Flota como poidas”.

Dita actividade de dinamización comercial promocionarase mediante cartelería, cuñas de radio, así como en redes sociais.

Os participantes non asociados a Ovalmi pagarán unha cota de 100 €, mentres que os socios de Ovalmi pagarán unha cota de 40 €.

Os interesados en participar deben poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios OVALMI, a través do teléfono 986 36 67 30 ou por medio do correo asociacion@ovalmi.com, antes do 28 de xullo.

Anuncios