O Sergas realizará un cribado masivo en Baiona

O Sergas realizará o vindeiro domingo 28 de marzo desde as 8:00 ata as 22:00 horas un cribado masivo no municipio de Baiona. O Concello colabora co Sergas deixando á súa disposición o Pavillón Municipal e todo o material necesario para poder realizar as probas. O Alcalde, Carlos Gómez, recorda a toda a veciñanza que dispón dunha hora gratis no parking municipal para que poidan achegarse á proba sen problemas de aparcamento. Os veciños serán seleccionados polo SERGAS a través de mensaxe de texto onde lles indicarán a hora e o lugar para realizar a proba.