Nigrán súmase á “Hora do Planeta” co apagado este sábado da Casa Consistorial

O Concello de Nigrán súmase este sábado 27 de marzo á celebración de “A Hora do Planeta” co apagado da Casa Consistorial de 20:30 a 21:30 como parte desta campaña global que mediante este acto simbólico pretende mobilizar á sociedade para actuar en favor da natureza e contra o cambio climático. A natureza é o sistema de soporte vital do planeta e bríndanos todo o que necesitamos, desde o aire que respiramos ata a auga que bebemos e os alimentos que comemos; tamén é unha aliado clave contra o cambio climático e as pandemias. Debemos defender a natureza agora para salvagardar a saúde do noso planeta e, á súa vez, nosa propia saúde e benestar.

Baixo o lema #ConéctateConLaNaturaleza na #HoraDelPlaneta, Nigrán sumarase a milleiros de lugares no mundo. Os municipios son fundamentais para que as persoas conecten coa natureza, pois poden recuperar bosques e humidais, promover parques, oficinas máis verdes e reducir emisións cambiando o modelo de transporte. A Hora do Planeta 2021 é o momento clave para alzar a nosa voz e mostrar ao mundo que nos conectamos coa natureza, aínda que sexa de forma virtual, para sempre.