Anuncios
Ticker de novas

O magosto celébrase sobre dúas rodas en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // VIII Motomagosto.

O Moto Club A Cento Cien celebrou este domingo a VIII edición do Motomagosto, organizado coa colaboración da Concellería de Cultura e o Concello de Gondomar, coa participación de centos de motoristas que se achegaron ata a Vila Condal. O evento comezou cunha ruta moteira que percorreu as rúas do centro urbano, finalizando á beira do Campo de Fútbol de As Cercas, onde os asistentes puideron degustar de maneira gratuíta máis de 200 quilos de castañas, e nesta ocasión, tamén uns 50 quilos de mexillóns, pola escaseza do produto típico do outono. Tampouco faltou a música e o sorteo de agasallos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios