Locoplaya, nova confirmación para Vive Nigrán 2021

O dream team da música urbana española (composto por Don Patricio, Bejo e Uge) actuará o xoves 15 de xullo en Vive Nigrán. O festival regresa na súa 5ª edición ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con asentos e aforos limitados. Natalia Lacunza e Sidecars son os outros dous nomes confirmados ata o de agora para o venres 16 e sábado 17 de xullo respectivamente. O ritmo de venda de entradas para ambos os concertos está a ser moi alto, o que demostra o enorme interese que espertaron ambos os dous concertos ante a súa cada vez máis grande base de fans.

Locoplaya son toda unha festa en directo. A terceira confirmación desta edición asegura un concerto divertido e para todos os públicos. As entradas individuais para velos o xoves 15 xa están dispoñibles a un prezo inicial de 25€ + gastos a través da web de Vive Nigrán e de Ataquilla. Son tres mozos e un burro que molan moito. É un grupo de rap canario que nace coa esencia do verán e fan música para vacilar. No 2014, Bejo, Don Patricio e Uge forman Locoplaya. Desde entón non paran de facer música cunha actitude e estética moi propia, moi das illas. Unha actitude que se reflicte en cancións desenfadadas e unha estética que vemos nos “vídeos”, fresca e divertida.

Locoplaya é un grupo de música para pasalo ben, desa que dá bo rolo. Temas como “Vamoave”, “CanaryAss” ou “Qué dice la Juventud?” reflicten que lles gusta o son noventeiro, pero sempre cun ton estival e humorístico. En 2018 continúan os seus proxectos en solitario. Bejo sacou “Parafernalio”, e multitude de EPs, singles e vídeos, ademais de presentarse como debuxante. Don Patricio leva rompendo barreiras desde que sacou “La Dura Vida del Joven Rapero” en xaneiro de 2019. De novo, retomarán os escenarios en conxunto, para seguir pasándollo ben e contaxiando ao seu público as súas boas vibras.

Locoplaya sorprende aos asiduos do xénero e aos alleos ao rap, co lanzamento en 2019 do single “Esa Carita Que Me llevas”, con 4.8 millóns de views en Youtube e 7 millóns de escoitas en Spotify. O pasado ano regresaban con “El Paisaje”, de aire melancólico e reflexivo, aínda que cargada do estilo e a imaxinería únicos de Locoplaya.

Vive Nigrán conta co apoio da Deputación de Pontevedra, Concello de Nigrán e Xunta de Galicia. Ademais conta co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas. O festival estará adaptado á situación actual e aplicaranse as recomendacións, instrucións e medidas protocolarias vixentes sobre materia sanitaria e nivel de aforo, para o correcto desenvolvemento dos concertos.