Exposición sobre o Antigo Exipto no CPI de Cova Terreña

O alumnado de 6º de Educación Infantil do CPI de Cova Terreña convidou esta semana a toda a comunidade educativa a facer un percorrido polo Antigo Exipto. A exposición sobre o Antigo Exipto, que amosa o traballo que o alumnado fixo ao longo de todo este trimestre, conta con maquetas, murais, e traballos artísticos, ademais de fotografías e vídeos onde se amosa o traballo de investigación e aprendizaxe ao longo de todo este proxecto.

As titoras, Maruchi Álvarez e Mónica Rodríguez, resaltan a grande implicación das familias na realización deste proxecto, aínda que dada a actual situación de pandemia, pola COVID-19, non se puideron levar a cabo máis actividades nas que participaran as familias no centro.

O traballo por proxectos, que ten como fundamentos o construtivismo da linguaxe (Vigotski), as ensinanzas por descubrimento (Brunner), o aprendizaxe significativo (Aussubel) e a globalidade, baséase nunha estratexia de traballo na que se coordinan de xeito natural diversos elementos e con sentido orientado á investigación sobre un tema que esperte o interese do alumnado, neste caso o Antigo Exipto.

Como resumo deste traballo, as titoras resaltan a cohesión do grupo clase, a grande implicación das familias, a boa comunicación con todo o profesorado implicado no proxecto, a boa disposición e coherencia do centro educativo e os magníficos resultados finais deste proxecto, no que o alumnado aprendeu moitas cousas sobre Exipto, a expoñer os seus traballos e explicar o aprendido ante o resto do alumnado.