
O Concello de Nigrán e o Cine Club Val Miñor Alice Guy retoman este xoves ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a película “Las Niñas”, dirixida por Pilar Palomero e recentemente galardoada co Premio Goya á Mellor Película, Mellor dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Fotografía. Como é habitual, a longametraxe contará cun coloquio posterior moderado por Alfonso Castaño. A entrada é libre ata completar o aforo permitido actualmente.
Ano 1992. Celia, unha nena de 11 anos, vive coa súa nai e estuda nun colexio de monxas en Zaragoza. Brisa, unha nova compañeira recentemente chegada de Barcelona, empúxaa cara a unha nova etapa na súa vida: a adolescencia. Nesta viaxe, na España da Expo e das Olimpíadas do 92, Celia descobre que a vida está feita de moitas verdades e algunhas mentiras.