Gondomar apoia a candidatura de Javier Pitillas ao Premio Princesa de Asturias da Concordia

O Concello de Gondomar apoia a candidatura de Javier Pitillas ao Premio Princesa de Asturias da Concordia. “A súa labor é coñecida e admirada por todos e todas, e a súa entrega e dedicación aos integrantes da asociación Discamino, e ás persoas con discapacidade, é un referente”, asegura o alcalde Paco Ferreira, que subscribiu o manifesto de apoio á candidatura ao Premio Princesa de Asturias da Concordia

A súa dedicación ás persoas con discapacidade arranca no 1996 compatibilizando o seu traballo de Policía Local co de adestrador de atletismo a usuarios da ONCE. Aí nace a idea de “Discamino”. A Asociación, con once anos de vida, permitiu que 115 persoas con discapacidade puidesen realizar o Camiño de Santiago e vivir esta experiencia. “Unha iniciativa que xunto á traxectoria vital de Javier Pitillas lévanos a apoiar esta candidatura por entender que sería un merecido recoñecemento”, conclúe Ferreira.